Entradas populares

martes, 8 de octubre de 2013

Dedicado ao meu Deus do Vento...
Este cadrado está feito con moito amor, adicado ao meu Deus do Vento, para que nunca pare que correr, cousa que creo que non pasará jejejeje. Está feito ca técnica de Intarsia, ocultando os fios de distinto color por detrás e volvéndoos a coller na seguinte volta,utilizando o punto de arroz no ceo,o punto trigo na herba e o do dereito no resto. O Boneco foi bordado sobre a paisaxe con bordado suizo e punto cadeneta entre outros, ademáis dos raios do sol que tamén foron bordados. Esta manta está feita de ilusións, sentimentos, como se fora unha colcha de patchwork pero con lanas, por iso o meu deus do vento tiña que formar parte dela. Creo que cando se empeza unha manta de cadrados, sexa de patchwork ou de lá hai que poñer nela os nosos sentimentos e escenas ou imaxes que representen a nosa esencia, esa é a mellor maneira de que nos quede creativa e bonita!!! Ata o próximo cadradiño!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario